A Sombra do Pelegrin

Nestes días andamos coma pelegrins por galicia, desfrutando das vacacións, ben merecidas. Chegamos e nos topamos con esa choiviña que debuxa a paisaxe cun saudo pros que de fora a veñen ver. E ao rato vas pra casa, tras lle frotar o peito o meu can, recuperas as horas, o minutos, e xa estas integrado no día a día da sombra do pelegrin. Paseo pola zona bella, os pinchos do Titos, a comida de mama, a maxia da roupa limpa no armario, despois de tirala a un cesto de pallas, que anos atrás era máis grande ca min. O chuletón de Fran con boa compaña, a mariscada de Ines e Dani, a churrascada de Pipo... e moitas cañas e tapas cos colegas que che poñen ao día do transcorrer da cidade. As praias das Rias Baixas, das Altas, mesmo as dos ríos, que arecendo, non ten color!!!!. Sequimos sendo a sombra do pelegrin. Estar en Galicia é especial pra un galego, e tamén pros que veñen de fora, e deixan esa sombra pra que quede un anaco de cada un, que coma min, decidiron pasar unhas vacións, en galicia, e deixar unha pequena sombra pra que de min no se esquenzan ata otra peregrinaxe por esta miña terra galega!!!!!!

Comentarios

Entradas populares