O chan do Vaticano
Deixando as pegadas no chan do Baticano, comenzo relixiosamente este relato, abraiado pola charla maxistral que onde nos daba o Paco, do que é realmente a cociña na evolución de españa, e do que nos queda por facer. Non haberá outra mostra coma a que nos deixou fai anos Ferran. A meirande parte dos cociñeiros empregan as técnicas recuperadas por el, e soamente catro recoñecen esa labor. O resto se apropian desas técnicas coma se fose o descobremento dun petrogrifo ou algo semellante. E ó final quen anda no allo descobre que a caixiña de conservas comestible xa a fixera o Paco fai tempo ala na costa, e hoxe falan dela, noutras máns por acá no interior.
Eu teño os pes no chan, os ollos no alto, ben abertos collendo o bo das palabras, o rico dos xantares e as melodias dos sons que saen dos pucheiros, facéndome chegar só arrecendos da cociña de todos, dos grandes autores da mitoloxia gastronómica que foron avós, pais e compañeiros. Bo día meus!!!
Comentarios