Un ano de Catalan e 30 de Galego
Andaba onte a recordarlle aos meus compañeiros, ao almorzar, que facia un ano a esas horas andabamos a trocar as cousas dun coche ao outro cos meus pais, pra me levaren a gran cidade, e case todo o día con morriña me lembraba deles con agarimo, porque as veces tamen me acordo e os boto en falta, bicos.
Logo do traballo marchei pa casa coa miña bici, e nunha praza había uns fachas berrando, e ao seu carón uns nacionalistas berrándolle aos fachas por estaren ali, isto e unha carallada. Un que sexa o que queira pero que non berre carallo!! que molestan aos que queren durmir...En fin cheguei a casa e sain con Papu a dar unha volta e a tomarlle unha Estrella Galicia, que coma se fai na Coruña, non se di estrela, seria moi "cosmica"...e ao chegar a casa mentras Papu remataba unha carallada de power point ou non sei que, lle mandei esta.....SALADA MORNA DE COGOLLOS, POLO, E VINAGRETA DE MÓDENA CHALOTA E AGUACATES....
Cortamos os cogollos en cuartos ou oitavos e os colocamos nun prato, facemos as peitugas na grella, as cortamos en tiras, e as poñemos sobre os cogollos, nese aceite de frixir, botámoslle as chalotas cortadas en brunoise e o aguacate, tamén en brunoise, cando estea ben salteado, engadímoslle un chico máis de aceite e o vinagre de módena, deixamos que marche o vapor do vinagre e rociamos a salada, collemos o prato e papamos nel coma se fora a fin do mundo...
Un perta, pasádeo ben, e seguir mandando comentarios, talogooo.
Brunoise: Ë un término culinario, concretamente un tipo de corte, en cadradiños pequenos, ven do francés, cuna da cociña inda que ande o outro xenio Adriá por aqui. O que é, é, e punto.
Comentarios