CANDO A GRAXA CRISPEA NA GRELLA......

Se queres ser coma un boi, come o que come o boi, non te comas ao boi. Meu Deus!!!!! canto nos gosta o boi, a vaca, o porco, o polo... Todo o que poida entrar nunha grella, convírtese no noso prato favorito. Convertémos en grandes chefs no momento en que recollemos catro piñas, uns paus e lle prendemos lume. Logo é coma, un non parar de falar de mollos, de carnes, dos nosos carniceiros, e coma non, dos lugares onde se comen, e se comeron boas e opíparas grelladas. (non farei publicidade). O outro día en compostela desfrutei, da celebración de dúas boas "churrascadas", cos seus criollos, as suas pataquiñas ben frixidas e ese Barrantes con Gaseosa. As madeiras que vedes na foto pertencen a unha grande que fixemos en Caveiro na casa do Pablo, lémbrome ven, levamos unha caixa de viño do Antón de Chantada, e unhas costelas de boi da Vega Sicilia, que fixeron daquel día un dos mais entretido das nosas vidas, ainda que dous osiños máis... Total, cando chega o vran, cheira na rúa a grella, a graxa de porco queimada crispeando o bater coas cinsas prendidas, todo un espetáculo digno de calquer galego que se precie. Nós temos o xardin de Barcelona preparado para galeguizalo tan pronto coma poidamos.Irei a coller piñas ao parque do Wel, unhas tiras de costela de porco ao mercado da liberdade, e xa verei como fago pra conseguir o barrantes, tedes o meu enderezo. Sempre con sentidiño hai que lle meter un churrasguiño.

Comentarios

Entradas populares