FELIZ APOSTOLO 08

Ainda quedará algún Pándigo, celebrando a noite mais grande de compostela, o día da patria Galega, e a tarde que me toca traballar. Cando onte ao chegar do traballo me chamaba me pai con estoupidos dos lumes da Catedral fun correndo a poñer a internet pra velos..Alí andaba ela, tan engalanada coloreada, botando auga, lume, raios xis...en fín, dándolle a venvida a tódolos pelegríns que rematan o seu camiño, mentres nos seguimos facendo o noso.
Tamém andaba o Jalloso e o Farruco, falando por falar, o primeiro dicindo o de sempre, e eu pensaba, - "a min que carallo me importa o que dicia Omero, ta calado un pouco o", o segundo tamén, o de sempre, buscando ser Farruco, que cando vai polas ruas da súa querida Compostela, asemellase a calqueira cousa menos a un simpático contacontos.
Ben e certo, que xa nestes tempos non estaría eu de troula por Compostela, penso que andaría na praia ou lonxe de todo o barullo. Deixolle o meu sitio a algún turista (con cariño).
Eu hoxe dende Barcelona lle porei un pedardo a carón de 5 centimos de euro, e aforunadamente tamén verei un lume na catedral.
Feliz día da patria galega!!, Feliz Apóstolo!!!, mandádelle un polvo con viño, e un EI CARBALLEIRA!!!!!!!!!!

Comentarios

Unknown ha dicho que…
tes toda a razón os compostelanos temos morriña de non estar en compostela o dia da festa, ainda que algúns estean máis lonxe ca min,bicos brother.hoxe son os fogos pequenos, nos sairemos d festa rachada
Dr.Cyrano ha dicho que…
A verdade é que estivo ben, especialmente porque Marite tamén nos acompañou e nos invitou a un chocolate do Metate despois... Querido cuñado e Papupeich, apertas para os dous.

Entradas populares